viernes, 4 de diciembre de 2020

 


BO DIAAAA!!❆❆❆❆❆

Sigo recibindo máis colares para a 

tartaruga Clementina.....ídela deixar moi

 fermosa!!!🐢 Graciñas

 a tod@s!!!👏👏👏






BO DIAAAA!!❆❆❆❆❆

 

 Levantámonos con enerxía e almorzamos ben para comezar o día cantando de novo o "Rap dos Bos Días":

https://drive.google.com/file/d/1QLSJNFI13m1iLgKiioNXUPBRrAoqv_YK/view?usp=sharing


    Comezamos coma sempre facendo a Asamblea diaria colocando a fecha de hoxe, VENRES 4 de DECEMBRO de 2020.

Cantamos a canción dos días da semana:https://drive.google.com/file/d/1PnQKfGtoUsDWOJMLCHlGHJUINopULM-V/view?usp=sharing

Non esquezades debuxar e colocar o tempo. Hoxe vai moito FRÍO e está CHUVIOSO e ademáis SARAIBA ⛆☔☃, así que cantamos a canción "Saiu o sol con cara de can":

https://drive.google.com/file/d/1NsAUAhJsVDIva2A_ChWLcYrBl2tOVvG1/view?usp=sharing

Cantamos outras do tempo que tamén coñecedes e seguro que os vosos papás e mamás tamén a recordan de Barrio Sésamo, "Está lloviendo hoy". Aquí deixo o enlace para escoitala:https://www.youtube.com/watch?v=UWhxkHNrGgM

Poñede tamén o voso nome e os nomes dos compañeiros de mesa ou os que queirades, pero hoxe ides facer tarxetas individuais con cada nome. Despois colledes tapóns de botella ou pinzas da roupa e escribides en cada tapón ou pinza as letras dos nomes para que os nenos collan as letras que precisan para ir formando os nomes dos seus compis.

Déixovos unha idea:





Esta actividade de letras con tapóns e pinzas dálles moito xogo e poden amplialo cos nomes das etiquetas das profesións que traballaron estes días.


Hoxe incluimos outra profesión máis para o XOGO DOS OFICIOS, a de POLICÍA e os seus materiais, xa que é unha das profesións que máis coñecen  a través de contos, debuxos, películas e porque tamén está moi relacionado co seu entorno. Cando van para o cole ou marchan del sempre hai un POLICÍA atendendo o tráfico e resolvendo calquera incidencia. Son os encargados de vixiar pola seguridade e orden de todos os membros da comunidade.

Aquí vos deixo os enlaces das imaxes e os seus nomes. Mezclade as de policía coas de labrego e vendedora e a comezar a xogar.....

https://docs.google.com/document/d/1gUja4ujeaAMpnEmtSe041i9taH9mcH0ykuTiXataqVU/edit?usp=sharing

https://docs.google.com/document/d/1LMDqSo0SAnp2k1A4ly8X1pCWz-dmQAVfaJ2w8MWe6oo/edit?usp=sharing

https://docs.google.com/document/d/1e-elsuXR6vgKVDm_2-BFdT9VmoYh59hCBlFgalD_K0o/edit?usp=sharing

Podedes deixar que recorten ou piquen eles as imaxes, enmarcándoas primeiro para que sigan unha línea. Tamén as poden pegar despois en cartón ou cartolina e forralas con papel adhesivo para que lles duren moito máis. O mesmo cos seus nomes, así quédalles un material na casa para xogar cando queiran.👏👏👏👏👏

Déixovos este audio conto para soñar un pouco, De maior quero ser..."




Outra proposta para estes días é preparar unha bandexa sensorial con material que tamén tedes pola casa para xogar nela, facilitando un espacio de manipulación (bandexas ou caixas de plástico) onde podamos ir cambiando os materiais e con eles a experimentación manual, visual, auditiva…Así podedes empregar pan relado, fariña, lentellas, macarróns, xelatina, e o que se vos ocorra, e deixade que manipulen libremente e despois que intente escribir ou facer debuxos....Aquí tedes varios exemplos de bandexas sensoriais feitas na casa:




Chega o momento de despedirse, relaxándonos un rato escoitando O Adagio para o Outono de Mozart neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=nWBylUhskCw

Cuidádevos moito e vémonos moi prontiño!!!!😄😍




No hay comentarios:

Publicar un comentario