sábado, 12 de diciembre de 2020

 OLA NENOS E NENAS!!😉


Para aqueles nenos e nenas da clase de 5º A e B de infantil que todavía seguides na casa e non podedes vir ao cole imos colgar algunhas actividades que podedes facer dende os vosos fogares. 

Esta semana do 9 ao 11 de decembro fixemos dende o cole as seguintes actividades, entre outras.....

Coma sempre comezamos a mañá coa ASAMBLEA, onde tedes en entradas anteriores as cancións que podedes cantar sobre os Días da semana, da estación do Outono, do tempo...

Tamén poñedes a data no calendario ou nun folio, o tempo, dicides o nome dos vosos compañeiros da aula. Tedes tamén exemplos en entradas anteriores.

Esta semana estivemos traballando o que será a PORTADA dos vosos traballos, así que en canto volvades xa nos poñemos cos que faltades.

Tamén xogamos ao XOGO dos OFICIOS, co LABREGO, VENDEDOR e POLICÍA, ampliando máis profesións como a de CARTEIRO e PEDIATRA. Aquí tedes as imaxes que podedes imprimir e despois eles as recortan e as van colocando noutro folio relacionándoas co CARTEIRO ou PEDIATRA.

Falade e verbalizade con eles a importancia do OFICIO DE CARTEIRO, que son os responsables de que as cartas cheguen ao seu destino. Aí tedes algunha das imaxes que se relacionan co seu traballo: BUZÓN, CARTAS, SELOS, MOTO, TRAXE OU VESTIMENTA, LOGOTIPO de CORREOS.....


Outro dos OFICIOS que máis coñecen é o de PEDIATRA e MÉDICO, que son os encargados de coidar e protexer a nosa saúde.


Algún dos seus materiais: TERMÓMETRO, BATA DE MÉDICO, FONENDOSCOPIO ou ESTETOSCOPIO (para auscultar o peito), OTOSCOPIO (para os ouvidos), DEPRESOR DE MADEIRA (para mirar a garganta)





Traballamos algunha ficha do cuadernillo de matemáticas





Agora que se achega o NADAL deixamos algunha actividade con motivos navideños para que decoren ao seu gusto empregando diversos materiais dos que dispoñades na casa: purpurina, algodón, pintura de dedos, trociños ou boliñas de papel, e todo aquilo que se vos ocorra:





XA QUEDA MOI POUCO PARA AS VACACIÓNS DE NADAL 🎄🎉
COIDÁDEVOS MOITO



No hay comentarios:

Publicar un comentario