martes, 20 de octubre de 2020

FROITOS DE OUTONO

 

OLA DE NOVO FAMILIAS!!

Esta semana tócalle o turno aos froitos de casca dura, os FROITOS SECOS, que atopamos na nosa contorna. Aínda que o tempo non acompaña moito podedes aproveitar algún dos vosos paseos cos fillos e fillas polo entorno para recoller algún destes froitos como:

CASTAÑAS       NOCES        AVELÁS        AMÉNDOAS        PIÑÓNS       LANDRAS 

Hai moitos máis e seguro que coñecedes algún que se nos escapa, como as feijóas, no caso de froitos de monda branda, que algún dos vosos nenos e nenas trouxo ao cole. 

No caso das landras, aínda que non as consumamos nós directamente serven para consumo animal.

Así os Froitos Secos, moi enerxéticos, son ricos en proteína e grasas saudables que axudan a protexer o noso corazón e o cerebro, tamén ricos en vitaminas e minerais, de acción antioxidante, e como non, son tamén unha boa fonte de fibra.

Así que de novo preparamos as mochilas dos nosos peques, ao longo desta semana, con algún destes froitos, para que poidan experimentar con todos os seus sentidos e así poder comparalos cos de monda branda....seguro que lles encantan!!!😋😋😋





miércoles, 14 de octubre de 2020

FROITOS DO OUTONO

 Ola Familias!!

Estamos a traballar coas vosas crianzas a estación do Outono e relacionado con isto os Froitos que atopamos pola nosa contorna e as Profesións que se encargan do coidado e recollida de ditos froitos.

Como non, enlazamos todo isto gracias as saudables e ricas merendas que traen os vosos fillos e fillas, polo que ao longo desta semana recomendamos que acompañen a súa merenda con algún froito típico desta época e así aprendémoslles outros sabores, texturas, formas, cores, olores que eles mesmos poden experimentar cos seus sentidos.

Hai unha grande variedade de Froitos de Outono, así que, preparade as mochilas e merendas coas vosas nenas e nenos e traédelle aqueles que máis vos gusten. Esta semana adicámoslla aos froitos de monda branda:

MAZÁ    PERA    UVAS    GRANADA    MANDARINA    LARANXA    FIGOS    KIWI  

CAQUI    MARMELO (MEMBRILLO)    MORAS....e outras que coñezades ou se vos ocorran.

                    

                RICO, RICO!!! 😋




viernes, 2 de octubre de 2020

COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA

 OLA NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL !!!!

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO NOVO BLOG DE AULA !!

As profes Mari e Raquel estamos moi ilusionadas con este blog e empregarémolo para colgar cousiñas que vaian xurdindo no día a día nas nosas aulas, así como fotos dos aniversarios e tarefas e ideas que podedes facer se estades en situación de cuarentena.😉