lunes, 15 de marzo de 2021

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS!

No mes de febreiro Adrián e Sofía cumpriron 5 anos!!

Xa son maiores!! 👏👏👏





Parabéns e moitos bicos para os dous!!

lunes, 8 de marzo de 2021

DIA DA MULLER TRABALLADORA-8M


 OLA FAMILIAS!!

Hoxe LUNS 8 de MARZO celebramos o día INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, adicámosllo a TODAS as MULLERES, que LOITARON e LOITAN CON FORZA día a día para sentirse CAPACES e LIBRES, por un mundo máis igualitario.

No día de hoxe observamos a través do conto "MAMÁ SE VA A LA ANTÁRTIDA" que hai mulleres que ademáis de ser nais, de cuidar dos seus fillos e fillas, dos maiores, da súa casa, dos animais, da horta.... tamén desempeñan outros oficios fóra da súa vida privada, profesións moi importantes para o avance da ciencia como BIÓLOGA MARIÑA, FÍSICA DO CLIMA, OCEANÓGRAFA, ORNITÓLOGA, BUCEADORA...

Escoitamos e vemos de novo o conto:

 


ANNA CABRÉ xunto con 100 científicas forman parte dunha expedición de mulleres que viaxan a Antártida para investigar sobre o cambio climático e a súas consecuencias e para conseguir un planeta máis sostible.

Poden facer un debuxo sobre o conto destacando a figura dalgunha muller ou un debuxo libre dalgunha muller importante da súa vida.


Tamén fixemos mención a OODGEROO NOONUCCAL, Kath Walker, activista e escritora australiana defensora dos dereitos dos aborixes australianos aló polos anos 60. Todo un exemplo de muller naquela época.



A nosa profunda admiración por TODAS AS MULLERES, que siguen loitando por un mundo máis igualitario e respetuoso entre as persoas.💞🌍


jueves, 4 de marzo de 2021

TRABALLO DENDE CASA- XOGAMOS COAS MATEMÁTICAS

 Ola nenas e nenos!!

Xa está a piques de rematar unha semana e xa queda menos para voltar ao cole cos compañeiros.

Hoxe imos xogar coas MATEMÁTICAS e para iso imos utilizar o TANGRAM, o xogo de orixe chinés composto por 7 figuras xeométricas: 5 triángulos isósceles (2 grandes, 2 pequenos e 1 mediano), un romboide e un cadrado.



A partir desta plantilla faredes as pezas do tangram que precisades para facer as diferentes figuras. As pezas podedes facelas en cartolina ou goma eva. Se empregades cartolina poden pintar todas as pezas dunha cor soa ou cada peza dunha cor diferente.
Aquí tedes a plantilla para as pezas e algunhas plantillas das figuras nunha soa cor ou de cores.
Só hai que colocar as pezas sobre as plantillas ata formar a figura indicada.
 Tamén se poden utilizar as pezas do Tangram dun xeito máis creativo, para que os xogadores/as poidan facer os seus propios deseños.






Animádevos a xogar e crear coas figuras xeométricas, xa veredes como é moi divertido e mandádenos ao correo, se queredes, fotos das vosas creacións!!!📷

Para rematar e relacionado co Proxecto da Antártida escoitamos e vemos o conto de "Mamá se va a la Antártida" de Anna Cabré, que fala de cómo 100 científicas viaxaron a Antártida para facer os seus estudios e investigacións sobre ese Continente. Fala tamén dos iceberg, animais e de cousas moi interesantes, das que estivemos traballando na aula. Menciona moitas profesións, proxecto que traballamos no 1º trimestre:




Boa finde e xa queda menos para vernos.
MARI E RAQUEL😄


miércoles, 3 de marzo de 2021

TRABALLO NA CASA: ARTE RUPESTRE

 

OLA NENAS E NENOS!!

AGARDAMOS QUE SIGADES MOI BEN E AS VOSAS FAMILIAS TAMÉN!

ESTES DÍAS XURDIU DE FORMA ESPONTÁNEA O TEMA DAS COVAS E DAS PINTURAS RUPESTRES DOS HOMES E MULLERES PRIMITIVAS POLA EXPERIENCIA CONTADA POR UN COMPAÑEIRO DUNHA CLASE E ACABAMOS FALANDO DA ARTE RUPESTRE DAS COVAS DE ALTAMIRA, NIN MÁIS NIN MENOS.

FIXÁDEVOS NESTAS IMAXES:


ERAN UNS ARTISTAS!!!


POÑEDE MOITA ATENCIÓN AO QUE AQUÍ SE DI POIS É MOI INTERESANTE DESCUBRIR CÓMO FORON AS PRIMEIRAS PINTURAS DOS CAVERNÍCOLAS. 
TAMÉN PODEMOS APRENDER A CANCIÓN QUE CANTAN OS LUNNIS COA CANTANTE LUCRECIA, QUE APARECE AO FINAL DO 2º VÍDEO.
 INVITÁMOSVOS A COÑECER UN POUCO A ARTE RUPESTRE NESTES VÍDEOS:







DESPOIS PODEDES SER NENOS E NENAS PRIMITIVAS E FACER AS VOSAS PINTURAS DE ARTE RUPESTRE DA COVA DE ALTAMIRA DEBUXANDO AS VOSAS OBRAS NUN FOLIO CON CERAS OU CON PINTURA DE DEDOS. 
BOTÁDELLE IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE!!!!!😎
LEMBRADE QUE SÓ PODEDES USAR A COR NEGRA PARA FACER O DEBUXO E ENCHELO DE TONOS VERMELLOS, OCRES, LARANXAS, MARRÓNS, POIS ERAN AS CORES QUE OBTIÑAN COS MATERIAIS DOS QUE DISPOÑÍAN. TAMÉN PODEDES ENVIAR AS VOSAS CREACIÓNS AO CORREO recantosdobaxoi@gmail.com

CANDO REMATEDES QUIZÁIS VOS XURDAN DÚBIDAS EN RELACIÓN AS PINTURAS RUPESTRES E PODEDES XOGAR A QUE SODES INVESTIGADORES FORMULANDO HIPÓTESES E INTENTAR BUSCAR INFORMACIÓN PARA RESOLVELAS CON AXUDA DAS VOSAS FAMILIAS:
- QUE EMPREGABAN PARA PINTAR NO TEITO SE NON HABÍA ESCALEIRAS?
- QUE USABAN PARA TER LUZ SE NON HABÍA ELECTRICIDADE NIN VELAS?
- QUE COMÍAN SE NON TIÑAN NEVEIRA?
- QUE USABAN PARA O FRÍO SE NON TIÑAN ROUPA NIN CALEFACCIÓN?
ÉSTAS E OUTRAS CUESTIÓNS XURDIRON NA AULA AOS NENOS E NENAS DESPOIS DE VISIONAR OS VÍDEOS E FACER AS SÚAS CREACIÓNS, QUE ESTAMOS A RESOLVER POUCO A POUCO.

E AGORA A XOGAR UN RATO COAS MATEMÁTICAS:



ESPERAMOS QUE TEÑADES MOI BO DIA E XA QUEDA MENOS PARA VOLTAR AO COLE CON TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!!                 
MARI E RAQUEL



lunes, 1 de marzo de 2021

TRABALLO DENDE A CASA

 

OLA NENAS E NENOS!!


Esta semana algúns traballaremos dende a casa, tanto de 5º A e B de infantil, desexando que estedes todos moi ben e con ganas de aprender e de xogar.

Lembrade que as rutinas diarias xa as coñecedes e que tedes tamén material que vos axuda a facelo dende a casa: POÑER A DATA, O TEMPO, O VOSO NOME E O DOS COMPAÑEIROS, CONTAR CANTAS PERSOAS VIVEN NA VOSA CASA....

Tamén coñecedes as cancións das rutinas. Aí deixo os enlaces para cantalas:

Canción do inverno:



Canción dos días da semana:



A semana pasada adicámoslla a Rosalía de Castro e esta semana como temos moitas cousas que aprender desta escritora galega aquí van outras propostas:
Escoitamos e visionamos o vídeo de "Eu son libre" de Rosalía para aprender algunhas cousas da súa vida:


Memorizamos e recitamos os versos dun poema no que aparece un MOUCHO: Coloreade o moucho e o penedo e atopade a palabra MOUCHO no poema rodeándoa cun boli ou lapis.


Aquí van outras dúas nas que tedes que atopar as diferencias e o camiño de cada letra para formar o nome de ROSALIA DE CASTRO.



Para rematar escoitamos e bailamos a versión do grupo de rock galego Astarot de "Adiós Ríos, Adiós Fontes" que é moi marchosa 😎:


Non vos esquezades de ler moitos contos e de xogar todo o que poidades. Adicade tamén un ratiño a debuxar libremente nun folio branco con boli, lapis, ceras, rotus....

Cuidádevos moito e seguide atentos e atentas ao blog. 
As mestras Mari e Raquel😉