lunes, 25 de octubre de 2021

OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO

 OLA FAMILIAS!!

@S MESTR@S DO CPI CASTRO BAXOI DE MIÑO ESTAMOS A ARGALLAR AS CELEBRACIÓNS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO NO NOSO COLE.



Este ano o alumnado de infantil poderá vir disfrazado o vindeiro venres 29 de Outubro co motivo do samaín, procurade que os disfraces sexas relacionados con dita temática e sobre todo intentade ser moi orixinais e xenuin@s.

Estamos tamén decorando as portas de aula con adornos moi terroríficos. 

As portas de 6º de EI son ventás con velas, arañas, morcegos, cabazas e gatos negros. Non é preciso traer nada posto que toda a decoración vai a cargo de dito alumnado e as súas mestras.




Podedes traer a vosa cabaza máis simpática e medorenta de todas, decoradas con motivos do samaín ata o venres 29. Despois ese día mandaranse para casa de novo. Lembrade que non se poden abrir nin vaciar para que duren máis tempo.


O magosto tamén o celebraremos ese día, onde degustaremos castañas asadas que levarán no seu portacastañas, elaborado previamente nas aulas.

Deixamos algunhas cancións moi marchosas relacionadas con estas celebracións para que as sigades escoitando na casa.









E algún conto tamén:

CORRE CORRE CABACIÑA
 
A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA



ÍMOLO PASAR EN GRANDE E DE MEDO ESTA SEMANA!!!