OLA OLAAA DE NOVOOO!!
Aquí deixo máis colares para a tartaruga Clementina feitos polos vosos compis do cole. Graciñas a todas e todos!!👏👏😊
🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢🐢
BO DÍA NENOS E NENAS!!
Comezamos coa Asamblea, cantando o Rap dos bos días e poñendo a data no calendario de DECEMBRO:
https://docs.google.com/document/d/1A7SEST-r8tiWr4QQK4AoUOAc5vxa1WbALUdUdHvMOGc/edit?usp=sharing
Hoxe é MÉRCORES 2 de DECEMBRO de 2020, lembrade tachar de vermello o MARTES 1 e de rodear de azul o MÉRCORES 2.
Cantamos e facemos os xestos da canción do tempo: "Saiu o sol con cara de can". Pinchar no enlace:
https://drive.google.com/file/d/1NsAUAhJsVDIva2A_ChWLcYrBl2tOVvG1/view?usp=sharing
Facemos o tempo e verbalizamos qué tempo vai: hoxe está NUBRADO.
Hoxe imos xogar aos OFICIOS, Proxecto que estamos a traballar dende as aulas de 5º de infantil. Mándovos as fotos das profesións e do material que emprega cada unha para que asocien cada ferramenta coa súa profesión. Tedes que imprimir as fotos e se non podedes buscade alternativas como mirar en revistas profesións que aparezan e os seus materiais, ou en debuxos na rede. O ideal é traballar con imaxes reais, pero iso xa queda á vosa disponibilidade. Axudádelles a facer as etiquetas dos nomes e colocalos na imaxen que corresponda.
Traballamos coa profesión de LABREGO/LABREGA, GRANXEIRO/-A, RECOLECTOR/-A relacionado coa estación do Outono, por ser unha época de recollida de productos da horta e o campo. Déixovos os enlaces para descargalos:
FOTO LABREGO/GRANXEIRO:
FOTO MATERIAIS LABREGO:
Tamén a profesión de VENDEDOR/ VENDEDORA por ser un oficio cotidiano nas súas vidas, xa que nos acompañan ao súper e tendas e alí nos atende unha persoa que nos vende calquer tipo de producto.
FOTO VENDEDORA:
FOTO FERRAMENTAS VENDEDORA:
O xogo consiste en colocar no centro dun folio, cartolina ou pizarra o profesional e ir atopando as imaxes que lle corresponda, exemplo: A imaxe de labrego corresponden o gorro de palla, o cesto, o tractor....e así con todas as imaxes que aparezan. Cada oficio ten 6 imaxes que relacionar. Colocade despois as etiquetas dos seus nomes, escritas ou feitas en MAIÚSCULAS. Déixovos unha relación dos seus nomes neste enlace:
Facer o mesmo coa vendedora. O xogo amplíase incluindo máis profesións e máis ferramentas de traballo, pero imos ir pouco a pouco.
Déixovos a canción de Paco Papán para cantar e o conto para escoitar relacionado cos oficios.
Aí van os enlaces:
Canción:
Conto:
Poden facer un debuxo sobre o conto ou debuxo libre con boli, ceras, rotus, acuarelas ou pintura de dedos.
É importante que traballen diariamente os músculos da motricidade fina manipulando pezas de construcción, puzzles, amasando plastelina, tapóns de botellas para enroscar e desenroscar, abrir e pechar pinzas da roupa, cremalleiras, abotoar e desabotoar botóns. Son materiais dos que dispoñedes pola casa e que a eles entreteñen moito.
Non esquezades colaborar coa familia nas tarefas da casa: barrer, poñer a mesa, recoller roupa e xoguetes, panar filetes, picar verdura....e todo aquilo que poidan facer gardando sempre a súa seguridade.
E para relaxarnos escoitamos un pouco de música clásica para tranquilizar o corpo e mente, relacionada coa estación do Outono e que xa coñecen: As Catro Estacións de Vivaldi, O Outono. Como sempre poñédea coa pantalla minimizada para que traballe o sentido do ouvido e deixe voar o seu maxín. Aí vai o enlace para escoitar:
Disfrutade moito destes días de descanso e recargade ben as pilas para voltar moi pronto á nosa aula 🙋😸
No hay comentarios:
Publicar un comentario