miércoles, 30 de junio de 2021

ANIVERSARIOS

  

NO MES DE XUÑO TIVEMOS DE ANIVERSARIO A ......

De 5ºA  ANASTASIA ERIK!! 

De 5ºB  ROMÁN e ÉZARO!!


MOITOS PARABÉNS NENAS E NENOS!!!




ESTADES TODOS E TODAS SUPER MAIORES!! 5 ANOS XA!!


 NON NOS ESQUECEMOS DO ALUMNADO QUE CUMPLE NOS MESES DE VERÁN, ASÍ QUE A VOLTA DE VACACIÓNS COLGAREMOS TAMÉN AS SÚAS FOTOS DE FELICITACIÓNS!!

lunes, 14 de junio de 2021

CAMIÑO DE SANTIAGO

 

OLA FAMILIAS!!

    Este ano os mestres de Educación Física baixo o Plan Proxecta e para fomentar na rapazada do cole a actividade física, aproveitando o ano Xacobeo 2021, organizaron para o alumnado de Educación Infantil un tramo que recorre todo o perímetro interior do noso patio simulando cada etapa ou tramo do verdadeiro Camiño de Santiago Inglés, " O Camiño de Santiago Paso a paso".

Ao finalizar fixéronnos entrega da COMPOSTELA coas etapas debidamente seladas.




    Así a rapazada de 5º de infantil, en diferentes días,  percorreu 10 etapas do Camiño, comezando en Ferrol, e pasando por Xubia, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, Ponte Presedo, Hospital de Bruma, Sigüeiro e rematando en Santiago.




    Foi unha experiencia moi divertida e temos que recoñecer que se implicaron como auténticos peregrinos e peregrinas, onde simulamos percorridos moi parecidos ao do Camiño real, levando ás costas as mochilas e aprendendo actitudes de calma e tranquilidade, de respeto e silencio hacia o medio natural, permitíndonos escoitar os seus sons (o piar dos paxaros, o bater das follas e ramas das árbores co vento...), recoñecendo sinais propias do camiño, nomes doutros concellos, verbalizando e familiarizándonos cos números dos kms percorridos e un sinfín de actividades que xurdiron de xeito espontáneo coa andaina.

    Aquí temos unha serie fotográfica da experiencia das dúas aulas:







    Finalmente realizamos unha pequena saída pola contorna, visitando o Albergue de Peregrinos de Miño, tanto o seu interior como exterior, e realizando unha pequena andaina por Telle para rematar no parque para merendar e xogar un rato.

    Aí van unhas fotos da saída:








BO CAMIÑO!!!





martes, 1 de junio de 2021

ANIVERSARIOS

 NO MES DE MAIO TIVEMOS DE ANIVERSARIO A ......


De 5ºA  LOLA!! 

E de 5ºB  PAULA e SARA!!


MOITOS PARABÉNS NENAS!!!








 XA TEDES 5 ANOS, FELICIDADES!!!