lunes, 30 de noviembre de 2020

APRENDEMOS DENDE A CASA

 

BO DIA NENOS E NENAS!!🙋

Hoxe toca traballar, xogar e aprender dende a casa.

Comezamos coa Asamblea onde 1º cantamos o RAP DOS BOS DIAS!!😎

Aquí tedes o enlace para cantalo:

https://drive.google.com/file/d/1QLSJNFI13m1iLgKiioNXUPBRrAoqv_YK/view?usp=sharing


Non vos esquezades de poñer a data.

Hoxe é LUNS 30 do mes de NOVEMBRO do ano 2020

Empregade unha pizarra, cartolina ou folio para que os nenos e nenas se sitúen no espacio e tempo e reflexar alí o mes, o día da semana e número no que estamos. Axudádelles a escribilo con letra ou facede primeiramente etiquetas cos días da semana e que eles os coloquen segundo o día que sexa. Procurade proporcionarlles un calendario onde poidan tachar a vermello o día anterior e rodear de azul o día de hoxe. 

https://docs.google.com/document/d/1n9VpZbZGm_HJrWGlZTQq-6dR6BbfZJfdHgXR-lSdjVQ/edit?usp=sharing

Debuxade o tempo que vai fóra e verbalizade se está soleado, nubrado, chuvioso, se vai vento ou frío, sol con nubes....

Podedes seguir esta idea para traballalo todos os días, pois así tamén o facemos dende o cole:





Cantamos algunhas das cancións que xa sabemos desta estación do ano, O OUTONO.


            Canción Infantil, EL Otoño                                            Canción Infantil y Lloverá

Escribimos o noso nome onde puxeramos a data, sempre empregando as maiúsculas, e tamén o dalgún compañeiro de mesa:


LUNA       ROMÁN       JIMENA      LEÓN

PAULA      THIAGO      IRIA          DANI

SARA       GUILLE       AITANA      LUCAS

NOA         ÉZARO       GEMA         PABLO

EMMA                       GISELLA   


Como opción para facer dende a casa e continuando coas actividades feitas o día do 25N (ver publicación anterior) podedes facer o colar de Clementina empregando gomets (ou trociños de papel) de dúas cores facendo unha serie como a que tedes no exemplo:



Senón tedes esas cores en gomets empregades outras ou como xa vos dixera con trociños de papel de 2 cores. O importante é que sexan capaces de realizar a serie dándolles as consignas para facelo, exemplo: 2moradas 1amarela, 2moradas 1amarela....

Mándovos fichas do cuadernillo de matemáticas para facer ao longo dos días as que non teñades feitas. Se non tedes impresora facédelle algo parecido sobre un folio para que o fagan:



Para rematar por hoxe dicirvos que O XOGO é unha das necesidades vitais dos vosos fillos, que teñen que satisfacer diariamente, pero estou a falar de xogo libre e simbólico onde eles representan roles distintos que lles axudan a comprender un pouco máis o mundo onde viven. Partindo disto podemos facilitarlles unha serie de material que o neno demande para seguir interpretando e coñecendo o mundo que o rodea. Así pois facilitádelle folio branco e boli  negro, cores ou rotus, pintura de dedos ou acuarelas, pinceis, plastelina para que de forma creativa poida expresar ou resolver os seus intereses e perfeccionar e controlar movementos da motricidade fina.
Ler e escoitar contos tamén vai fomentar o seu maxín e conectar con realidades máis abstractas e irreais.
Non vos esquezades da actividade física, axúdalles a canalizar tensións e exceso de actividade e, aínda que estemos na casa, hai moitos exercicios que poden facer como pases de balón, saltar á comba, rolar coma croquetas polo chan, mariola, escondite, escondite inglés, zapatilla por detrás....e todos aqueles xogos que se vos ocorran.
Disfrutade moito deste tempo na casa e seguimos conectados.😉😘




domingo, 29 de noviembre de 2020

25N DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

    OLA FAMILIAS!!😊


    O mércores 25 de Novembro adicámosllo ao Día Contra a Violencia de Xénero

    É moi importante que as nosas crianzas medren no respeto a todas as persoas, independentemente do seu xénero, sexo, idade, raza, cultura ou crenzas.

    Todos e todas formamos parte importante da nosa familia, escola, vecindade e sociedade e así debemos transmitirllo ás novas xeracións para que o interioricen dende ben pequenos.

    Dende a escola queremos transmitir respeto e igualdade para todo o alumnado, así nas aulas de 5º de infantil traballamos este día a través do conto de "Arturo e Clementina". Podedes volver a velo clicando na imaxe: 



    Despois fixeron un debuxo libre sobre as tartarugas colocando un lazo lila en lembranza do día.






    Ademáis fixeron as tartarugas empregando plastilina, tapóns de botellas e gomets para decorar o caparazón, que despois utilizaron para xogar e representar os personaxes do conto.

Como vedes saíronlles ven simpáticas!!🐢🐢



    Saimos tamén ao corredor e gardamos un minuto de silencio de respeto hacia todos aqueles que sufren a consecuencia da violencia de xénero.



viernes, 27 de noviembre de 2020

DIA DO PEON

 

    O mércores 11 de Novembro celebramos o día do Peón e aínda que non puidemos facer unha actividade conxunta con outros nenos e nenas do cole, si que o fixemos a nivel de aula elaborando un bailarete individual, que despois empregamos para xogar e bailar tanto na aula coma no patio. 

    Foi unha actividade moi divertida onde coñecemos costumes e tradicións da nosa contorna, ademáis de vocablos novos referidos ao peón como trompo, buxaina, bailarete.

    Cantamos tamén a canción que coñecemos da Banda os Ourensóns, "Como o trompo". Aquí vos deixamos o enlace por se queredes cantala na casa: http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2009/10/ourensons-como-trompo.mp3 

    Estas son as fotos dos bailaretes:








viernes, 13 de noviembre de 2020

DEBUXOS DE MEDO

 

OLA FAMILIAS!!

Aquí vos deixamos unha sesión fotográfica de terror cos debuxos de medo dos vosos fillos e fillas pola celebración do Samaín 👻👻👻











miércoles, 11 de noviembre de 2020

FACÉMONOS MAIORES!

No mes de outubro estiveron de aniversario Noa e Ainhoa.

Xa teñen 4 anos!👏👏👏




Parabéns e moitos bicos para as dúas!!


domingo, 1 de noviembre de 2020

COLLAGE DAS MERENDAS DE FROITOS DE OUTONO

  OLA FAMILIAS!!

        A proposta de traer os froitos de Outono para degustar nas merendas foi todo un éxito!!!!

        MOITAS GRACIAS A TODAS!!!👏👏👏👏👏

Trouxestes unha grande variedade de froitos, tanto de monda branda como de casca dura. Éstas son as fotos das merendas de cada unha das aulas de 5º de infantil e aquí tedes o resultado......






        As merendas, como podedes observar, son moi variadas. Nelas atopamos froitos de monda branda como mandarinas, uvas, mazás, marmelo, moras, peras, kiwis, figos, feixoas (máis coñecida por feijoa ou guayabo do Brasil) entre outros.
Tamén encontramos os de casca dura como castañas, avelás, améndoas, noces.
Todas moi ricas e saudables, cheas de vitaminas, minerais e grasas para darlles enerxía aos vosos fillos e fillas ao longo do día.
Merendas que podedes seguir traendo a escola así de saudables.