lunes, 30 de noviembre de 2020

APRENDEMOS DENDE A CASA

 

BO DIA NENOS E NENAS!!🙋

Hoxe toca traballar, xogar e aprender dende a casa.

Comezamos coa Asamblea onde 1º cantamos o RAP DOS BOS DIAS!!😎

Aquí tedes o enlace para cantalo:

https://drive.google.com/file/d/1QLSJNFI13m1iLgKiioNXUPBRrAoqv_YK/view?usp=sharing


Non vos esquezades de poñer a data.

Hoxe é LUNS 30 do mes de NOVEMBRO do ano 2020

Empregade unha pizarra, cartolina ou folio para que os nenos e nenas se sitúen no espacio e tempo e reflexar alí o mes, o día da semana e número no que estamos. Axudádelles a escribilo con letra ou facede primeiramente etiquetas cos días da semana e que eles os coloquen segundo o día que sexa. Procurade proporcionarlles un calendario onde poidan tachar a vermello o día anterior e rodear de azul o día de hoxe. 

https://docs.google.com/document/d/1n9VpZbZGm_HJrWGlZTQq-6dR6BbfZJfdHgXR-lSdjVQ/edit?usp=sharing

Debuxade o tempo que vai fóra e verbalizade se está soleado, nubrado, chuvioso, se vai vento ou frío, sol con nubes....

Podedes seguir esta idea para traballalo todos os días, pois así tamén o facemos dende o cole:





Cantamos algunhas das cancións que xa sabemos desta estación do ano, O OUTONO.


            Canción Infantil, EL Otoño                                            Canción Infantil y Lloverá

Escribimos o noso nome onde puxeramos a data, sempre empregando as maiúsculas, e tamén o dalgún compañeiro de mesa:


LUNA       ROMÁN       JIMENA      LEÓN

PAULA      THIAGO      IRIA          DANI

SARA       GUILLE       AITANA      LUCAS

NOA         ÉZARO       GEMA         PABLO

EMMA                       GISELLA   


Como opción para facer dende a casa e continuando coas actividades feitas o día do 25N (ver publicación anterior) podedes facer o colar de Clementina empregando gomets (ou trociños de papel) de dúas cores facendo unha serie como a que tedes no exemplo:



Senón tedes esas cores en gomets empregades outras ou como xa vos dixera con trociños de papel de 2 cores. O importante é que sexan capaces de realizar a serie dándolles as consignas para facelo, exemplo: 2moradas 1amarela, 2moradas 1amarela....

Mándovos fichas do cuadernillo de matemáticas para facer ao longo dos días as que non teñades feitas. Se non tedes impresora facédelle algo parecido sobre un folio para que o fagan:



Para rematar por hoxe dicirvos que O XOGO é unha das necesidades vitais dos vosos fillos, que teñen que satisfacer diariamente, pero estou a falar de xogo libre e simbólico onde eles representan roles distintos que lles axudan a comprender un pouco máis o mundo onde viven. Partindo disto podemos facilitarlles unha serie de material que o neno demande para seguir interpretando e coñecendo o mundo que o rodea. Así pois facilitádelle folio branco e boli  negro, cores ou rotus, pintura de dedos ou acuarelas, pinceis, plastelina para que de forma creativa poida expresar ou resolver os seus intereses e perfeccionar e controlar movementos da motricidade fina.
Ler e escoitar contos tamén vai fomentar o seu maxín e conectar con realidades máis abstractas e irreais.
Non vos esquezades da actividade física, axúdalles a canalizar tensións e exceso de actividade e, aínda que estemos na casa, hai moitos exercicios que poden facer como pases de balón, saltar á comba, rolar coma croquetas polo chan, mariola, escondite, escondite inglés, zapatilla por detrás....e todos aqueles xogos que se vos ocorran.
Disfrutade moito deste tempo na casa e seguimos conectados.😉😘




No hay comentarios:

Publicar un comentario