domingo, 29 de noviembre de 2020

25N DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

    OLA FAMILIAS!!😊


    O mércores 25 de Novembro adicámosllo ao Día Contra a Violencia de Xénero

    É moi importante que as nosas crianzas medren no respeto a todas as persoas, independentemente do seu xénero, sexo, idade, raza, cultura ou crenzas.

    Todos e todas formamos parte importante da nosa familia, escola, vecindade e sociedade e así debemos transmitirllo ás novas xeracións para que o interioricen dende ben pequenos.

    Dende a escola queremos transmitir respeto e igualdade para todo o alumnado, así nas aulas de 5º de infantil traballamos este día a través do conto de "Arturo e Clementina". Podedes volver a velo clicando na imaxe: 



    Despois fixeron un debuxo libre sobre as tartarugas colocando un lazo lila en lembranza do día.






    Ademáis fixeron as tartarugas empregando plastilina, tapóns de botellas e gomets para decorar o caparazón, que despois utilizaron para xogar e representar os personaxes do conto.

Como vedes saíronlles ven simpáticas!!🐢🐢



    Saimos tamén ao corredor e gardamos un minuto de silencio de respeto hacia todos aqueles que sufren a consecuencia da violencia de xénero.



No hay comentarios:

Publicar un comentario