martes, 1 de diciembre de 2020

XOGAMOS E APREDEMOS NA CASA

 

BO DÍA NENAS E NENOS!!😊


    Seguimos traballando estes días dende a casa🏡

Comezade cantando o Rap dos Bos Días:

https://drive.google.com/file/d/1QLSJNFI13m1iLgKiioNXUPBRrAoqv_YK/view?usp=sharing

    ASAMBLEA: Comezamos un mes novo, é o último mes do ano e chámase DECEMBRO.

    Hoxe é MARTES 1 de DECEMBRO do 2020. Facede o calendario e tachades de vermello o día de onte, LUNS 30, e rodeades de azul o de hoxe, MARTES 1.



    Cantamos algunha canción dos días da semana, aquí tedes o enlace:


    Debuxamos e escribimos o tempo que vai hoxe e o nome doutro compi da mesa ou da clase.
Podedes seguir os exemplos que colguei onte...





    Aquí vos deixo algúns dos colares de Clementina que me fostes mandando. Moitas gracias polas vosas creacións!!👏👏👏



    Os colares tamén vos serven para traballar conceptos matemáticos: series, conteo, sumas, tamaños, formas xeométricas, creatividade, orixinalidade....
Así podedes contar cántos redondiños hai dunha cor e cántos da outra e anotalo e tamén cántos hai en total.
Ademáis dos círculos podedes usar outras figuras xeométricas e facer o colar con triángulos, cadrados ou outras formas.
E como non, tamén traballades tamaños, mezclando figuras grandes con pequenas.

    Na aula comezamos a elaborar un libriño  individual de números e formas xeométricas. 
Quedámonos no rectángulo, así que esta é a tarea destes días. Tedes que picar (con punzón e almofada e senón tedes non piquedes) o rectángulo seguindo a dirección e comezade no punto vermello, pero lembrade que os puntiños teñen que estar algo separados porque non é para quitar (os nenos e nenas xa saben ao que me refiro) Despois de picar lembrade pasar o dedo por detrás do folio para sentir as cóxegas que fai. A continuación enchédelo do que vos apeteza, iso queda para que o fagades de forma creativa, empregando materiais como teas, algodón, virutas de cores, trociños de papel, arroz, lentellas que pegaredes con pegamento ou cola,..... así que xa sabedes, o que se vos ocorra, pero ten que quedar en relieve.


    Non vos esquezades de xogar e de ler algún conto. Aquí lles deixo un que lles encanta, "A figueira de Pelostortos". Ao rematar facede un debuxo do conto. Aí vai o enlace:






    Ánimo que xa queda menos para vernos!!💙😍



No hay comentarios:

Publicar un comentario