viernes, 27 de noviembre de 2020

DIA DO PEON

 

    O mércores 11 de Novembro celebramos o día do Peón e aínda que non puidemos facer unha actividade conxunta con outros nenos e nenas do cole, si que o fixemos a nivel de aula elaborando un bailarete individual, que despois empregamos para xogar e bailar tanto na aula coma no patio. 

    Foi unha actividade moi divertida onde coñecemos costumes e tradicións da nosa contorna, ademáis de vocablos novos referidos ao peón como trompo, buxaina, bailarete.

    Cantamos tamén a canción que coñecemos da Banda os Ourensóns, "Como o trompo". Aquí vos deixamos o enlace por se queredes cantala na casa: http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2009/10/ourensons-como-trompo.mp3 

    Estas son as fotos dos bailaretes:








No hay comentarios:

Publicar un comentario