jueves, 4 de marzo de 2021

TRABALLO DENDE CASA- XOGAMOS COAS MATEMÁTICAS

 Ola nenas e nenos!!

Xa está a piques de rematar unha semana e xa queda menos para voltar ao cole cos compañeiros.

Hoxe imos xogar coas MATEMÁTICAS e para iso imos utilizar o TANGRAM, o xogo de orixe chinés composto por 7 figuras xeométricas: 5 triángulos isósceles (2 grandes, 2 pequenos e 1 mediano), un romboide e un cadrado.



A partir desta plantilla faredes as pezas do tangram que precisades para facer as diferentes figuras. As pezas podedes facelas en cartolina ou goma eva. Se empregades cartolina poden pintar todas as pezas dunha cor soa ou cada peza dunha cor diferente.
Aquí tedes a plantilla para as pezas e algunhas plantillas das figuras nunha soa cor ou de cores.
Só hai que colocar as pezas sobre as plantillas ata formar a figura indicada.
 Tamén se poden utilizar as pezas do Tangram dun xeito máis creativo, para que os xogadores/as poidan facer os seus propios deseños.






Animádevos a xogar e crear coas figuras xeométricas, xa veredes como é moi divertido e mandádenos ao correo, se queredes, fotos das vosas creacións!!!📷

Para rematar e relacionado co Proxecto da Antártida escoitamos e vemos o conto de "Mamá se va a la Antártida" de Anna Cabré, que fala de cómo 100 científicas viaxaron a Antártida para facer os seus estudios e investigacións sobre ese Continente. Fala tamén dos iceberg, animais e de cousas moi interesantes, das que estivemos traballando na aula. Menciona moitas profesións, proxecto que traballamos no 1º trimestre:




Boa finde e xa queda menos para vernos.
MARI E RAQUEL😄


No hay comentarios:

Publicar un comentario