OLA FAMILIAS!!
Hoxe LUNS 8 de MARZO celebramos o día INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, adicámosllo a TODAS as MULLERES, que LOITARON e LOITAN CON FORZA día a día para sentirse CAPACES e LIBRES, por un mundo máis igualitario.
No día de hoxe observamos a través do conto "MAMÁ SE VA A LA ANTÁRTIDA" que hai mulleres que ademáis de ser nais, de cuidar dos seus fillos e fillas, dos maiores, da súa casa, dos animais, da horta.... tamén desempeñan outros oficios fóra da súa vida privada, profesións moi importantes para o avance da ciencia como BIÓLOGA MARIÑA, FÍSICA DO CLIMA, OCEANÓGRAFA, ORNITÓLOGA, BUCEADORA...
Escoitamos e vemos de novo o conto:
Poden facer un debuxo sobre o conto destacando a figura dalgunha muller ou un debuxo libre dalgunha muller importante da súa vida.
Tamén fixemos mención a OODGEROO NOONUCCAL, Kath Walker, activista e escritora australiana defensora dos dereitos dos aborixes australianos aló polos anos 60. Todo un exemplo de muller naquela época.
A nosa profunda admiración por TODAS AS MULLERES, que siguen loitando por un mundo máis igualitario e respetuoso entre as persoas.💞🌍
No hay comentarios:
Publicar un comentario