OLA FAMILIAS!!
Este ano os mestres de Educación Física baixo o Plan Proxecta e para fomentar na rapazada do cole a actividade física, aproveitando o ano Xacobeo 2021, organizaron para o alumnado de Educación Infantil un tramo que recorre todo o perímetro interior do noso patio simulando cada etapa ou tramo do verdadeiro Camiño de Santiago Inglés, " O Camiño de Santiago Paso a paso".
Ao finalizar fixéronnos entrega da COMPOSTELA coas etapas debidamente seladas.
Así a rapazada de 5º de infantil, en diferentes días, percorreu 10 etapas do Camiño, comezando en Ferrol, e pasando por Xubia, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, Ponte Presedo, Hospital de Bruma, Sigüeiro e rematando en Santiago.
Foi unha experiencia moi divertida e temos que recoñecer que se implicaron como auténticos peregrinos e peregrinas, onde simulamos percorridos moi parecidos ao do Camiño real, levando ás costas as mochilas e aprendendo actitudes de calma e tranquilidade, de respeto e silencio hacia o medio natural, permitíndonos escoitar os seus sons (o piar dos paxaros, o bater das follas e ramas das árbores co vento...), recoñecendo sinais propias do camiño, nomes doutros concellos, verbalizando e familiarizándonos cos números dos kms percorridos e un sinfín de actividades que xurdiron de xeito espontáneo coa andaina.
Aquí temos unha serie fotográfica da experiencia das dúas aulas:
Finalmente realizamos unha pequena saída pola contorna, visitando o Albergue de Peregrinos de Miño, tanto o seu interior como exterior, e realizando unha pequena andaina por Telle para rematar no parque para merendar e xogar un rato.
Aí van unhas fotos da saída:
No hay comentarios:
Publicar un comentario