A semana pasada celebramos as Letras Galegas 2021, adicada este ano a XELA ARIAS, muller libre, rebelde e independente, ademáis de poeta, traductora, editora e mestra de Lingua e Literatura Castelá no ensino secundario.
Coñecimos algo da súa biografía:
Naceu en Sarria (Lugo) en 1962, sendo a maior de 5 irmáns. Os seus pais puxéronlle María de los Ángeles porque non lle deixaron inscribila cun nome galego. Anos máis tarde muda para María dos Anxos e posteriormente XELA.
De nena gústaballe moito escribir e con 11 anos gaña o seu 1º concurso de contos O Facho co seu conto " A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".
Publica varios libros, entre eles dos que destacamos o de "Darío a Diario", onde amosa a súa experiencia materna.
Aquí vos deixamos a representación teatral dos nenos e nenas da EEI de Xela Arias de Sarria da "Fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" que vimos na clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario