OLA FAMILIAS!!
Esta semana adicásmoslla a poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO, nada o 24 de febreiro de 1837 ata 1885.
Foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo, que empregou a lingua galega na literatura cando ainda ninguén o facía. Precursora tamén do feminismo, reinvindicou o papel da muller na cultura e na sociedade.
Para coñecer un pouco da súa vida escoitamos este pequeno vídeo da súa biografía "EU SON LIBRE" contada por nenos e nenas doutra escola.
Fixemos un crebacabezas sobre o seu rostro e pegámolo sobre un folio de cor añadindo o nome do seu 1º libro de poemas escrito en castelán, "La Flor".
Estes foron os resultados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario