martes, 20 de octubre de 2020

FROITOS DE OUTONO

 

OLA DE NOVO FAMILIAS!!

Esta semana tócalle o turno aos froitos de casca dura, os FROITOS SECOS, que atopamos na nosa contorna. Aínda que o tempo non acompaña moito podedes aproveitar algún dos vosos paseos cos fillos e fillas polo entorno para recoller algún destes froitos como:

CASTAÑAS       NOCES        AVELÁS        AMÉNDOAS        PIÑÓNS       LANDRAS 

Hai moitos máis e seguro que coñecedes algún que se nos escapa, como as feijóas, no caso de froitos de monda branda, que algún dos vosos nenos e nenas trouxo ao cole. 

No caso das landras, aínda que non as consumamos nós directamente serven para consumo animal.

Así os Froitos Secos, moi enerxéticos, son ricos en proteína e grasas saudables que axudan a protexer o noso corazón e o cerebro, tamén ricos en vitaminas e minerais, de acción antioxidante, e como non, son tamén unha boa fonte de fibra.

Así que de novo preparamos as mochilas dos nosos peques, ao longo desta semana, con algún destes froitos, para que poidan experimentar con todos os seus sentidos e así poder comparalos cos de monda branda....seguro que lles encantan!!!😋😋😋





No hay comentarios:

Publicar un comentario